A Limia, saíu “de verdade” a rúa
Nunca antes en Xinzo se vira unha manifestación con tanta xente que se uniu ao chamamento da Plataforma pro Pediatras.
Poucos minutos despois da hora prevista os centos de persoas que quixeron participar na maior concentración que se recorda en Xinzo foron coreando slogans durante o percorrido da mesma para rematar na praza Maior coa lectura do Manifesto por conta das persoas que levaron adiante esta xornada de protesta, axudados, segundo elas mesmas comunicaron por moitos establecementos anónimos que quixeron estar presentes, non solo pechando as portas dos seus establecementos se non, coa colaboración económica.
Como estaba xa anunciado á Mobilizacións, asistiron alcaldes
e concelleiros da comarca e de Xinzo, que non pertencen ao PP, así como o líder
do PSdG-PSOE e candidato a Xunta Gómez Besteiro, así como a parlamentaria
ourensá do BNG Noa Presas.
A Mobilización rematou na praza Maior despois do percorrido
polas rúas de Xinzo, sen ningún problema.