Outra manifestación máis en Xinzo

Laroá e Parada de Ribeira, quédanse sen mesa electoral

Laroá e Parada de Ribeira, quédanse sen mesa electoral

 A proposta foi feita pola Xunta Electoral ao Concello

 Segundo nos comenta un responsable municipal de Xinzo a Xunta Electoral comunicou a reestruturación das mesas electorais de Laroa e Parada de Ribeira.

Segundo nos comunica das dúas opcións que lle daba a elixir, os electores da mesa de Laroá terán que desprazarse ata  Rebordachá, mentres que os de Parada de Ribeira irán a Lamas.

INDIGNACIÓN DOS VECIÑOS DE LAROÁ

Os veciños de Laroá xa fixeron a primeira concentración de protesta por este feito e tamén llo comunicaron a asociación de veciños de Parada  para ver que medidas se poden adoptar conxuntamente.

Nota posta polos veciños nas súas redes sociais

IMG 20231230 WA0007