A Agrupación Musical da Limia cumpriu a mayoría de idade

Músicos participantes no concerto de Ano Novo 2023
A Agrupación Musical da Limia cumpriu a mayoría de idade

Co tradicional concerto de Ano Novo a ESMULI cumpriu 18 anos


A IGREXA Nova de Xinzo, volveu a ser, a falta de auditorio, o escenario para o xa tradicional concerto de Ano Novo. Este ano un pouco máis mermado de músicos, como reiteradamente manifestou o seu director actual Jose Luis Tielas, por mor dos catarros e gripes.





A primeira parte do concerto tivo como novidade que varias das pezas  estaban cantadas por solistas ou tiveron instrumentistas individuais.
Na segunda o repertorio xa foi máis tradicional, coa interpretación dun famoso villancico galego e como final de festa o xa recurrido Mambo, co que o director e os músicos quixeron facer partícipes a todos os presentes, aínda que fose na igrexa.


Vlcsnap 2024 01 02 22h16m47s091

Final do concerto de Ano Novo

VÓLVESE SOLICITAR O AUDITORIO

            No concerto estiveron presentes os concelleiros de Cultura e o de Festexos, ademais do alcalde, que no momento de tomar a palabra agradeceu e felicitou aos músicos, sobre todo aos debutantes no concerto deste ano.

Collage 1


Respondeu as peticións dos anteriores intervenientes, D. Jaime (Pte ESMULI) que una vez máis solicitou aos membros da corporación os esforzos necesarios para a consecución do auditorio.
Jose L. Tielas interviu despois para reiterar a mesma petición, e facer una nova, cal é a de conseguir para o Conservatorio de Música un Grado de Percusión, porque son moitos os alumnos da escola que quixeran cursar estudos regrados e non teñen onde.
Aínda que as peticións foron para todos os membros da corporación, aínda que como está ocorrendo en moitos actos deste nadal, si están os dun grupo, non están os de outro ou outros. Neste caso os concelleiros do BNG e PSOE, non se viron pola igrexa.

Breve historia da Agrupación Musical da Limia.

Collage2


A Agrupación Musical da Limia nace a mediados do mes de outubro do ano 2005 para dar cabida ás inquietudes dos membros da Banda de Música Municipal de Xinzo de Limia. Esta formación musical contaba nos seus inicios con membros activos da Banda Municipal de Música de Xinzo, da Banda de Gaitas e do Conservatorio Municipal de Xinzo de Limia e tamén con persoas que se dedican de maneira afeccionada ó mundo da música.

O seu primeiro director foi Don Eliseo Penín e sucedérono os directores Don Celso Nieto Rodríguez e Don Manuel Alejandro López Pérez. Dende novembro de 2014 comézase un novo proxecto baixo a dirección de Don José Luis Tielas Santiago.

No ano 2016, o 29 de xullo, a Agrupación Musical da Limia tivo o pracer de participar no III Certame Internacional de Bandas de Música Harmónico de Toro (Zamora), na terceira categoría.

En Novembro de 2017, Participa no XI Certamen Galego de Bandas de Música na sección segunda acadando o 3º Premio e ó premio á mellor interpretación da obra de temática galega.

En Novembro de 2018, participa no XII Certame Galego de Bandas de Música acadando o 1° premio na sección xuvenil.

En Xullo de 2022, participa no CIBM Cidade de Valencia e no mes de decembro, no XV Certame Galego de Bandas de Música Populares acadando o 3º premio na sección 3ª e o 1º premio na sección Infantil

No Ano 2023 a Agrupación Musical da Limia acada o 3º posto no Certame Internacional de Benavente, 2º posto na sección Infantil e 1º posto na segunda sección do Certame Galego de Bandas

Jose Luis Tielas Santiago

Graduado Superior en Composición y Dirección de Orquesta, Master en Dirección Orquestal . Es profesor en el Conservatorio Profesional de Música de Verín y director de la «Banda de Música de Verín», «Agrupación Musical da Limia», «Coral Sta. Mariña» y de la «Xove Orquesta Ourensanía»

Na Actualidade, é Director da Agrupación da Limia, mestre na especialidade de Fundamentos da Composición no Conservatorio de Música Profesional de Verín, Director da Coral Santa Mariña de Xinzo de Limia e da Orquesta Ourensanía