500 aniversario da chegada dos Franciscanos a Trandeiras

Cartel anunciador da sesión
500 aniversario da chegada dos Franciscanos a Trandeiras

O café ÍTACA acollerá unha charla pública mañá xoves ás 19:30 para conmemorar e saber un pouco máis deste acontecemento.

No pasado mes de decembro cumpríronse cincocentos anos desde que os franciscanos  chegaron ao convento do Bon Xesús de Trandeiras (Xinzo de Limia).

Por iso, e para comenmorar esta efeméride, varias asociacións ligadas á Limia (Centro de Cultura Popular do Limia, Padroado do Museo da Limia, Grupo de Estudios Históricos Pedro González de Ulloa, Casa da Lagoa de Sandiás, SGHN sección Antela) decidiron organizar un acto no Café Cultural Ítaca de Xinzo o día 4 de xaneiro ás 19:30 horas.

O acto, aberto ao público, ten por obxecto a conformación dunha proposta que, cara ao mes de marzo, nos sirva para profundizar na nosa historia e divulgar, tanto a arquitectura do Mosteiro como a presenza da orde franciscana na nosa comarca. O histoor Alexander de los Ríos situaranos na historia e daranos conta dos novos achados en Trandeiras.