Nova distinción internacional para o limiao Eladio Jardón
Eladio Jardón entre os 100 profesionais da consultoría política máis influentes do mundo
Eladio Jardón foi considerado como un dos 100 profesionais da consuloría en comuicación política máis influentes do ano 2023.
The Washington Academy of Political Arts & Sciences (WAPAS) seleccionou ao grupo de élite de quen considera as 100 persoas máis influentes na consultoría política a nivel mundial. Trátase dun cento de consultores, analistas, comunicadores e políticos, entre outros, que lograron deixar pegada este ano grazas ás súas valiosas achegas. Como xa é tradición, esta listaxe inclúe nomes de profesionais do mais alto nivel mundial e tamén a outros que poden non ser coñecidos de maneira masiva, pero todos coinciden nunha característica: lograron gran influencia no medio en que desempeñan, os seus logros transcenderon e merecen ser recoñecidos. Formar parte desta listaxe de profesionais de alto nivel, seleccionados entre aspirantes de máis de 20 países, é un recoñecemento á gran influencia que cada un destes 100 especialistas exercen, ao seu liderado, alta xerencia e garantía de resultados. Para Eladio Jardón, “é unha gran honra recibir este recoñecemento xunto a 99 compañeros de todos os recunchos do mundo. Este galardón, representa o traballo dun equipo que cre na profesionalización dun sector cuxo principal obxectivo é contribuír na mellora das democracias no mundo, achegando as necesidades dos cidadáns aos servidores públicos”.
O consultor, natural do concello de Baltar, na provincia de Ourense, xa foi noticia de ámbito internacional noutras ocasións. En anos anteriores, recibiu o prestixioso premio Victory Award en Washington e tamén resultóu gañador do premio Reed Latino, galardón que entrega anualmente a revista Campaigns & Elections en México.