Mañá día 5 ás 12 nas redes do CDR O Viso poderase ver un vídeo co traballo feito
2023 pasiños máis lonxe da soidade
Rematou un ano máis para moita xente pero un moi especial para 23 persoas da Limia.
A través do proxecto ALUMAR, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, converteuse en intermediario entre 23 persoas que pasan o nadal en situacións moi próximas á soidade e outras tantas que quixeron armarse de amor e sentimento de comunidade para combater esa situación. Arrancaba o proxecto en novembro e rematou o peche do ano.
Os 23 regalos voaron das mans
amigas das veciñas e veciños solidarias cara as casas onde se apagara a luz do
nadal grazas ao paporrubio, o paxaro que simbolizou a vitalidade e a cor no
tempo das xeadas.
A gratitude do CDR O Viso cara a xente da Limia é infinito e
quérello mostrar cunha peza audiovisual que verá a luz mañá, venres 5, ás 12 do
mediodía nas súas redes sociais. É unha escolma das emocións que espertou esta
acción nas persoas que sentiron a calor de xente que nin coñecen.
Participaron, ademais das 46 familias conectadas, diferentes
áreas de traballo do CDR como a educativa, o servizo de comedor nas casas, o
proxecto Biocoidados ou o equipo de Comunicación. Este proxecto, así coma
outros, foi posible grazas á ó financiamento da Consellería de Política Social
e Xuventude da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de
programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do
IRPF.