Os Franciscanos vivían das misas as mortallas e a limosna

Trandeiras, tivo un pasado moi turbulento, e o seu futuro, tampouco se ve moi claro

Público que encheu a sala Ítaca para escoitar a charla
Trandeiras, tivo un pasado moi turbulento, e o seu futuro, tampouco se ve moi claro

 Estas foron as principais conclusións despois da conferencia sobre a súa historia que deu o historiador Alex de los Ríos, que foi presentado polo arquitecto e membro do Centro de Cultura Popular do Limia Manuel Seoane.

Onte a tarde os amantes da historia e da Limia, déronse cita no café Ítaca para escoitar o achados do historiador Alex de los Ríos responsable da Casa da Lagoa en Sandiás e estudoso de Trandeiras, sobre todo dende a chegada dos Franciscanos.


Alex de los Ríos e Manuel Seoane

A historia real do convento estivo chea nestes 500 anos de moitos devaneos, entre os que se encontran os dous incendios, a loita cos Franceses na batalla da Ponte da Lagoa de Antela, que tamén o afectou, e despois da desamortización os distintos propietarios que tivo, que como se puido ver nunha foto presentada por Alex nun diario de Madrid, regalábano se lle compraban a finca.


Co tempo recaeu nos veciños de Xinzo, foi comprado polo concello para polo menos conservar o que quedaba del. Hoxe en día o Concello e a CHMS están a levar a cabo unhas obras de contención e de arranxo das conducións de auga ata o mesmo, na que descubriu que no mosteiro levábanse a cabo traballos con coiro.




Vídeo coa conferencia completa de Alex de los Ríos

Rematada a conferencia levouse a cabo un debate máis que interesante entre persoas do público con  Alex e Manuel.