Sandiás celebrou os Reis doblemente

Sandiás celebrou os Reis doblemente

Os cativos e os maiores cantaron os reis na aldea de Couso e Os Reis, a pesar da choiva, cehagaron cos regalos 

Cantáronse o día 5 de xaneiro, xoves, como sempre foi. Contamos coa presenza de Lucía, animadora do Cdr O Viso xunto con outros fantásticos animadores comunitarios como Andrés, Estela e Camilo. Tamén os nenos e nenas do Ceip de Sandiás, país, nais e nenos do Pai (Punto Infantil) e varios veciños e veciñas para animar e participar desta festa nun total de medio centenar de persoas. No Local social houbo un ensaio para os máis adultos pasado martes e no Ceip de Sandiás houbo un obradoiro participativo de varios ensaios onde Lucía, traballadora na animación socio-cultural do Cdr O Viso preparou as letras e a música dos Cantos de Reis.

Este é o segundo ano no que intentamos recuperar e asentar dita tradición nas xoves xeracións. Cada ano rotamos nunha aldea. Este ano na aldea de Couso de Limia e fixéronse actuacións por diversas rúas, establecementos e casas particulares da mesma con animación de pandeiretas, bandurrias e acordeóns e nos próximos anos iremos visitando o resto das aldeas do Concello.  Convidamos aos veciñ@s  que participen e canten.


Percorréronse varios establecementos e casas particulares da aldea de Couso de Limia sentindo non poder chegar a todas elas. A acollida foi moi boa e déronnos de aguinaldo doces de reis, chocolate, cafés, bombóns, piruletas, caramelos e ata diñeiro.

Visita dos Reis con moitos agasallos

Nin a choiva o vento e o frio impediron que Melchor, Gaspar e Baltasar visitasen con moitos agasallos aos máis pequenos e maiores do Concello de Sandiás. Foi unha ruta moi emocionante, xa que segundo as súas Maxestades "os nenos e nenas de Sandiás son encantadores e con gran paixón imaxinativa, moi educados e intelixentes xa que escoitaron con atención as consellas para deitarse cedo e durmir para recibir de noite os agasallos”.


Ademáis de visitar cada casa dende a que mandaron a carta en prazo, un lugar moi especial onde os esperaban foi a Vivenda Comunitaria “Géminas” en Piñeira onde levaron unha gran sorpresa pola visita das súas maxestades. Gaspar, moi emocionado coa recepción dos máis maiores na vivenda comunitaria, declara que "volverán sen ningunha dúbida o próximo ano" porque considera que "poucos sitios son tan fermosos e gardan tantos tesouros de sabiduría humana como este Concello".