Emilio González e Amador Díaz copresiden a Xunta Local de Seguridade cara as festas do Entroido

Reunión da Xunta de Seguridade
Emilio González e Amador Díaz copresiden a Xunta Local de Seguridade cara as festas do Entroido

Analizaron xunto con todos os membros da Xunta Local a seguridade cidadá, o plan de autoprotección do Entroido e o plan director

Segundo o subdelegado do Goberno Emilio González sinalou queen canto  á seguridade cidadá, “o índice de criminalidade en Xinzo de Limia mantense dentro dos niveis normais”.

No relativo ao Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas, o concello de Xinzo de Limia, o IES Cidade de Antioquía solicitou entrar no programa.

DSC3811

Emilio González e Amador Díaz

No tocante ao Entroido, o Subdelegado solicitou a máxima colaboración doutras administracións, en especial da Xunta de Galicia, coa policía autonómica; así como a colaboración cidadá para o correcto desenvolvemento destes días de festas dado as grandes aglomeracións que se esperan.

Para unha maior seguridade e información, instalaranse distintos Puntos Violeta móbiles polo concello que se reforzarán co uso de drones.


Pola súa banda, o alcalde, Amador Díaz, explicou as medidas do “plan de autoprotección” realizado polo Concello e as forzas de seguridade e que extenderanse dende o “petardazo” ata os días de entroido.