A Plataforma Pro Pediatría, non irá mañá a reunión co conselleirode Sanidade

A Plataforma Pro Pediatría, non irá mañá a reunión co conselleirode Sanidade

Solo están convidados  os alcaldes e alcladesas da Limia

A Plataforma da Loita Pediátrica da Limia , enviou unha nota na que manifestan  a súa decepción ao comprobar que a reunión de mañá 9 co conselleiro de Sanidade será en Santiago. Recordan que a plataforma solicitou que a reunión tivera lugar en Xinzo, xa que as integrantes da mesma, non poden desprazarse en día laborable.

NON FORON CONVIDADAS

Por outra banda saben que a reunión solo foron convidadas alcaldesas e alcaldes da Limia , pero a plataforma non foi convidada.

Convocatoria aberta

Mañá a Plataforma fará unha asemblea aberta a todos aqueles que queiran asistir para dar a coñecer o resultado da reunión, a que non foron convidadas. A asemblea será ás 20:00, pero aínda non se sabe neste momento onde se vai a levar a cabo. Informarán dela ao longo do día de mañá.

Ata o día de hoxe a plataforma ten recollidas máis de 2.500 sinaturas de apoio e seguen coa campaña de maneira activa.