Xa se poden solicitar as axudas para emprendemento de autónomos
A orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo en Galicia (TR341D) e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.
ProLimia pon en coñecemento dos posibles interesados as axudas para novos autónomos publicada hoxe no DOGA.
O programa ten dúas liñas de axuda:
-
Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e
mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.
- Liña 2: unha axuda para
sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a
12 meses da contía da cota reducida regulada no punto 1 do artigo 38.ter
da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.
A axuda da liña 1 poderá chegar ata 9.000 €, mentres que a
axuda da liña 2, que é compatible coa primeira será do custe de autónomo
durante os 12 primeiros meses de actividade.
O prazo de presentación será a partir do 16 de xaneiro e
rematará o 29 de setembro.
Ligazóns de interese
Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240109/AnuncioG0656-291223-0004_es.pdf
Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240109/AnuncioG0656-291223-0005_gl.pdf
A
información completa da orde pódese consultar na seguinte ligazón:
https://www.comerciogalicia.org/gl/2024/01/09/promocion-do-emprego-autonomo-en-galicia/