O BNG de Xinzo critica unha adxudicación do alcalde
O BNG de Xinzo de Limia afea a concesión, por vía de urxencia, dunha obra de xeito tendencioso na recta final do ano.
O Bloque critica que se faga unha adxudicación “a dedo” dunha obra de 39.627€, que se chegase ós 40.000€ obrigaría a facer un concurso público e por tanto transparente.
Critícase tamén que se faga este investimento despois de
usar repetidamente o argumento de que non hai fondos nas arcas do Concello para
acometer os necesarios traballos de bacheado, por exemplo, na zona dos
institutos ou en varios núcleos rurais.
Será beneficiario da obra concedida polo alcalde, Amador
Díaz Penín, o equipo de fútbol “Piñeira Seca” e será destinado a material
deportivo.
A información consta no Expediente 5725/2023 do Concello de
Xinzo de Limia.