“A adxudicación é totalmente legal, e non é para material”-Amador Díaz

Amador Díaz, alcalde (Foto arquivo)
“A adxudicación é totalmente legal, e non é para material”-Amador Díaz

 Amador Díaz, alcalde , di que o representante do BNG, ten que pórse máis ó día do funcionamento da administración local.

 Con respecto a nota enviada polo BNG sobre unha adxudicación, que eles chaman “a dedo” o alcalde quere facer varias aclaracións.

A primeira delas e que os cartos van a ser para facer unha caseta, non para material deportivo. O club, xunto coa súa masa social necesitan un “alpendre” “almacén” para meter o material deportivo, quizais foi iso o que entendeu mal o compañeiro de corporación.

En segundo lugar, a adxudicación foi en Xunta de Goberno, non por decreto, que tamén podía ser, porque entra dentro das prerrogativas de calquera alcalde, que por certo é unha figura a que todos recorren habitualmente, sendo un contrato de menor contía. Nin que dicir ten  continúa aclarando Amador, que esta adxudicación a unha empresa do concello, ten todas autorizacións e informes administrativos e fiscalizadores, como non podía ser doutra maneira.

Tamén rexeita o cualificativo de “tendencioso”, porque a obra foi adxudicada o 30 de novembro. 

Por último manifesta Amador que mentres se poida seguirán facendo estas adxudicacións, para axudar as pequenas empresas da Limia e sobre todo, como ocorre neste caso nunha obra no medio rural, que tanto el di defender.