Sandiás será o epicentro cultural este sábado na Limia

Sandiás será o epicentro cultural este sábado na Limia

 Ás 12 da maña e ás 19:00

Este sábado Sandiás será o epicentro cultural da Limia. Despois de un mes, pecha a exposición “Cadernos da Limia, Paisaxe, Identidade e Memoria  ” do fotógrafo Blas González que se levará a cabo a partir das 19:00 cun acto inédito na Limia, a proxección dunha da que esta considerada a mellor película de cine mudo película "O maquinista da Xeral"de Buster Keaton (1926), a que lle porán música en directo trío formado por  Brais González (piano), Andrea González (saxo) e Laura Lorenzo (frauta)- Caspervek.

O grupo Caspervek debutou en 2013 e converteuse nun referente na musicalización de cinema mudo, cun catálogo de mais de 30 bandas sonoras orixinais. A agrupación actuou en 14 países europeos e nalgúns dos principais escenarios nacionais e internacionais. Esta será a primeira vez que o grupo actúe na comarca da Limia.

"Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria" é un proxecto fotográfico que explora a identidade limiana e a súa relación coa paisaxe a través dos retratos de máis de 130 persoas da comarca. A exposición, que se inaugurou o 18 de novembro de 2023, complementouse cunha serie de actividades para poñer en valor o patrimonio natural e cultural da Limia.

"Estou moi agradecido polo apoio do Concello de Sandiás e a acollida que tivo a exposición", afirma o autor, Blas González. "Foi un pracer compartir o meu traballo co público da Limia e poder contribuír á difusión da cultura desta comarca".

Presentación de ANTELA EDITORIAL

Pola mañá a Casa da Cultura de Sandiás será o escenario da presentación da editorial ANTELA, un proxecto de literatura infantil nacido na Limia. O seu catálogo xa conta cunha  ampla colección de títulos que inclúen temas como o coidado da contorna natural, a aceptación do outro ou o valor da amizade.. historias marabillosas e fermosas ilustracións para entreter e educar a sensibilidade dos nenos.

Os creadores deste proxecto editorial, Xabier Domínguez, Alba de Evan e Miguel A. Alonso Diz, conversarán co público asistente sobre o seu traballo e asinarán exemplares dos seus libros.