O Antela sacouse a espiña do resultado da primeira volta na casa ante o Villalonga

Villalonga-ANTELA
O Antela sacouse a espiña do resultado da primeira volta na casa ante o Villalonga

No encontro a domicilio consegiu os 3 primeiros puntos deste ano 2024

 O Antela xogábase moito no desprazamento da tarde do domingo para enfrontarse ao Villalonga que no primeiro partido de liga desta tempada gañou na Moreira por 1-3.

Os xogadores do Antela saíron con gañas de marcar, pero o primeiro gol non chegou de penalti ata o minuto 74, marcando para os limiaos Jose M. Junior.

A tan solo 6 minutos do gol do Antela Marcos Blanco igualaba o marcador para o Villalonga.

No minuto 90 do partido unha boa xogada de Kevin Tumbeiro  marcou sen compasión para o porteiro contrario o segundo gol do Antela, que a postre sería definitivo, conseguindo así que os tres puntos disputados viñeran no autobús do Antela.

11 tarxetas amarelas

Aos xogadores do Antela fóronlle ensinadas 11 tarxetas amarelas, dúas delas, coa conseguinte expulsión a Jonathan Lameiras.

O Antela consegue desta maneira a súa quinta vitoria desta tempada conseguindo 20 puntos que o deixa a 4 dos equipos de descenso.