Volta a Tradición

Volta a Tradición

Este sábado dará comezo o Entroido de Xinzo co Petardazo as 00:00 


Dende a comisión do Entroido pretenden darlle valor as tradicións e voltar as costumes mais arraigadas nos limiaos.

Traendo de volta o sabado de piñata co xogo da cucaña e a verbena de mascaritas e capuchos, como dí Adriana Jimenez  "Para poder conservar eses traxes que antes eran moi tipicos de Xinzo, e a idea é recuperalos". 

6

Haberá un apartado especial para os nenos e nenas, que teran actividades o venres todo o día, empezando co desfile infantil pola maña, para continuar pola tarde con actividades e animación na Praza Maior. E o luns coa actuación de Uxia Lambona e a Banda Molona, entre outras actividades, para rematar así o Domigo de Piñata que será un día moi especial para eles.

Durante todos os días habera animación musical a cargo das charangas, grupos e orquestas. Destacando o sábado e o domingo onde as charangas amenizaran a festa por duplicado, para que non quede ningún recuncho sen música e festa.

O desfile de entroido volvera ao martes pola tarde, as 5 da tarde, onde as comparsas e grupos que queiran participar poderan gañar premios. As bases para participar coñeceranse ao longo desta semana.

O programa ao completo estará publicado a partir de hoxe para todos aqueles que o queiran consultar.