Conta atrás para o Entroido de Xinzo

Conta atrás para o Entroido de Xinzo

O orzamento para o Entroido alcanza os 140.000€

Esta maña levouse a cabo a presentación do programa do Entroido 2024 da man do alcalde, Amador Diaz, o concelleiro de cultura, Carlos Gómez, o concelleiro de festexos, Ricardo Sieiro e membros da comisión do Entroido.

5

En palabras de Ricardo Sieiro, concelleiro de festexos: " O concello de Xinzo fai un esforzo importantísimo para levar a cabo o Entroido. Xa que, o Entroido non é só o que se ve, a música, os espectáculos e a animación das rúas; senón todo o que hai detrás. Para que todo iso funcione ten que haber unha seguridade, todo un entramado médico de protección para os cidadáns, para evitar todo tipo de violencia, non só machista senon de calquera tipo. Todo ese gasto que implica carpas, limpeza, etc,  todo isto é un gasto enorme que non se ve pero tamén suma. "

Estimase que se destinaron uns 140.000€ para facer realidade o Entroido. O Entroido mais longo, madrugador e o único declarado de Interese Turístico Internacional, onde a ocupación tanto en  hosteleria coma en restauración é do 100%.

Outro ano mais haberá premios para as comparsas, 3000€ que se repartiran entre tres categorias. E para que a festa non decaiga, as charangas estarán soando máis de 15 horas por día. 

Só en charangas habera entre 15 e 20. Xunto cos diferentes grupos, orquestas e actuacións, esperanse un total de 30 artistas.

4