Houston, tenemos un problema

Houston, tenemos un problema

 Supoño que todos se acordarán da xa célebre frase da película do Apolo XIII.

 Pois eu creo que tanto o Partido Popular de Xinzo, como o grupo de goberno do concello comandado por AXIL, teñen un problema por riba da mesa que van a ter que solucionar nun par de semanas, mellor dito nun par de meses, unha vez que pasen as eleccións galegas do 18f.

E non me estou a referir a que si os resultados das eleccións son positivas para o PP, ou si non obtén a maioría absoluta, porque iso sería outro problema ao que neste momento non me vou a referir.

O problema inmediato é que tal e como albiscábamos no 28 de decembro na nosa inocentada, a saída das listas ao Parlamento Galego de Carlos Gómez, era un clamor nos círculos políticos, como así acabou sendo. Tamén dicíamos nesa crónica “dunha morte anunciada” falábamos que de ser así, Carlos Gómez solicitaría unha dedicación exclusiva no concello para “seguir traballando polo ben público”, e tamén falábamos de que esa dedicación, non ía ser media, se non enteira, ou sexa, como a do alcalde.

Pois como soe ocorrer na leis de Murphy, lo que puede salir mal, saldrá mal, e todo o que anunciabamos na inocentada, no día de hoxe, deixou de selo (unha inocentada).

Neste momento o concelleiro de cultura Carlos Gómez vai a ser un problema para os dous bandos do goberno. O PP, terá que loitar para que o seu xogador estrela teña esa dedicación e moito nos tememos que non solo as arcas municipais NON estean para tanto gasto. SE NON QUE nin todos os membros do grupo de AXIL estean de acordo.

Polo que, como naquel momento os astronautas dixeron aquelo de Houston, tenemos un problema, o concello de Xinzo, vai a ter un problema, mellor dito o grupo que goberna ten un problema.

Perdón, poida ser que estea equivocado e o próximo goberno do PP da Xunta lle teña reservado un alto cargo, co que todo isto quedaría solucionado, como tamén ocorreu na película, co final feliz para todos.