O PP de Ourense pon en marcha o comité comarcal na Limia
Na comarca da Limia a estrutura do comité comarcal estará dirixida polo tenente alcalde de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, e o alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas
O líder provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, presidiu esta tarde a posta en marcha o comité comarcal da Limia , órgano de traballo que ten como obxectivo mobilizar ao partido por todo o territorio, tanto para coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza como para impulsar a campaña electora do 18F.
Carlos Gómez, Luis Menor e Sandra Quintas presidiron a reunión
Luis
Menor, que expresou a súa satisfacción pola “gran e positiva resposta, unha vez
máis, a estas convocatorias”, explicou aos asistentes que os comités comarcais
van permitir “seguir ampliando a estrutura do partido e a participación de
cargos locais e afiliados”, esencial cando se trata de consolidar a presenza do
partido en toda a provincia, “algo que só é quen de conseguir o PP”.
Membros da candidatura tamén asistiron a reunión