Un Petardazo e un Fareleiro seco e frío
En 48 horas dará comezo o Entroido 2024 no que se espera que se batan récords de asistencia.
Este sábado a partir das 23:00 a nomeada GRAMOLA Tour Truck comezará coa festa que dará paso ao Petardazo. No camión espectáculo varios DJs de Xinzo farán que o frío se pase bailando e desfrutando ata chegar as 00:00 hora do petardazo e do comezo do Entroido deste ano, no que haberá algunha novidade, aínda que estas novidades sexan voltar aos anos pasados.
Petardazo 2023
Despois do Petardazo a animación correrá, como de costume con Xituma Batuke e a charanga BCB, ademais da Gramola.
DOMINGO FARELEIRO
O primeiro dos domingos festivos do Entroido o Fareleiro voltará a praza Maior onde a todos festeiros espéranos quilos e quilos de fariña para “dar e tomar”.