Café con... Moncho Gómez
Despois de moitos meses, máis ben anos, por fin o noso “súper concelleiro” accedeu a pasar pola sección Café con.
Esta vez o noso café foi un pouco “descafeinado” posto que a nosa primeira pregunta, sobre que podemos falar, sen tempo para tomar aire, respostou que sobre temas relacionados coa súa concellería, cousa que loxicamente aceptamos pensando que ao final algo poderíamos sacar que tivera un pouco máis de “chicha”, e a fe que o conseguimos, pero de moitas das cousas, cecais sexa moi pronto para falar.
A primeira pregunta
non podía ser outra que como anda o proxecto da Avd/ de Ourense, que parece que
todo o mundo se esqueceu, que ese tamén foi un proxecto no que participou
activamente no anterior goberno.
Para Moncho, froito do seu impetu di que todo vai ben, de
momento, pero moi lento. O tempo apremia, e os prazos bótanse enriba.
O proxecto segundo está acordado polo goberno central, ten que estar rematado
antes que remate o ano 25, pero claro, o propio proxecto tamén di que a
execución será de ano e medio, polo que as cousas van ben, pero corremos moito
risco. É de supoñer que Europa nos dará unha prorroga. Nos estamos en contacto
cos responsábeis de estradas en Ourense e solventamos todos os pequenos
atrancos que sempre xorden nun proxecto da envergadura deste que estamos a
falar, pero repito, todos se solventaron en tempo e forma. Neste momento
estamos a espera que o Goberno Central saque a concurso público a adxudicación
da obra.
O proxecto vai a ser espectacular e vai a cambiar por
completo a fisionomía de Xinzo, tanto a nivel de estética como de
funcionalidade para todos os veciños e veciñas de Xinzo, incluídos por suposto,
e en maior medida para os veciños e establecementos da avenida de Ourense,
porque non solo se farán as obras superficiais, se non que se actuará nas redes
de abastecemento e saneamento, que están sen renovar dende fai máis de 30 anos.
Haberá dúas rotondas máis e unhas novas beirarrúas, que NON irán nunca
en detrimento dos aparcadoiros da zona. Como todos xa saben irá un carril bici
ata os institutos co que, a mobilidade e a seguridade peonil será moito maior.
Aínda case sen respirar falando deste macro proxecto, xa
anunciou outro proxecto, que aínda que dixo que pouco se podía “ler” sería
nunha rúa céntrica do pobo, na súa marxe dereita que vai ata o río, solventando
a súa vez os problemas que teñen os seus veciños de saneamento. Este proxecto,
non vai a depender das eleccións da Xunta, porque este é un proxecto prometido
e comprometido cos veciños. Este proxecto superará amplamente os 150.000 €
Temos claro que non podemos facer todo nestes catro anos
de lexislatura, porque Xinzo está moi necesitado de infraestruturas, que é a
miña área, pero claro, hai que acudir a outras necesidades urxentes noutros
eidos.
Pero que non pensen que todo se vai a facer en Xinzo. Nos
temos pensado investir en viais no rural preto dos 200.000 €, a maioría nos seis meses
seguintes.
Novas obras no complexo da Moreira?
E para non rematar, si non continuar, Moncho di que case ao
100% acometeranse en dúas fases obras no campo
de herba para pechar a grada, posto que o único que tapa a cuberta é o
sol do verán, pero no inverno chove nela como fora. Tamén se farán 3 ou catro
vestiarios vestiarios novos coas normas
axeitadas aos tempos nos que estamos, ata para persoas con movilidade reducida.
Para todo isto, non deixamos de “petar” en todas as
portas, onde por certo nos reciben moi ben, e eu que son unha persoa moi
optimista nestas cuestións as expectativas
deste concelleiro son elevadas. Como todos sabemos, isto non se pode dicir que
son gracias a deus, se non gracias as xestións. Como resumo de todos estes
proxectos, a xente ten que entender que os procedementos administrativos son
longos e as infraestruturas de Xinzo están moi obsoletas e vellas, como nos
pasa a todos.
Quixemos saber, cales son os problemas cotiáns que día a
día lle xorden aos veciños e entre moitos dos que relata, fala da seguridade,
que nos tempos que corren cada vez é mais complicada.
Xinzo comeza a NON ser unha vila tan tranquila como era
antes, o cal me preocupa, como responsable tamén da Policía Local. Estamos
adoptando medidas amplas e colaborativas coa Garda Civil.
Falando de cuestións que a xente tamén demanda, como pode
ser a limpeza, Moncho di que neste momento deixou de ser un problema
acuciante que se resolveu coa contratación dunha empresa externa, cousa que
para un vello sindicalista de CC.OO lle doe, pero que polo plan de axuste, non
se puido solucionar doutra maneira.
Como conclusión Moncho fala do concello como a casa de
todos, e como en todas as casas, hai que solucionar as cuestións cando e como
se pode.
Como se atopa agora o persoal da Policía Local, despois
de situacións anteriores nas que había ata denuncias de Policías ao Concello?
Neste momento aqueles problemas solucionáronse. Cando
chegamos no 19, había denuncias. Había un gasto por hora de 86 €/hora e pasouse
a 21 €/h. Conseguiuse unha tranquilidade no persoal, un traballo máis
coordinado, mais implicación e un aforro importante para o Concello.
Estamos agora unha renovación da plantilla, posto que
ademais dos que xa se foron de xubilación, marcharanse outros en breve e outros
que piden para máis preto dos seus municipios. Pero si estamos e estou moi
satisfeito polo traballo desenvolvido polo novo xefe, co cal manteño todos os
días reunións de traballo, traendo moi boas ideas e con moita motivación.
Pasamos por último, e no eido da Policía Local a falar da
mobilidade en Xinzo, no que nos anuncia cambios moi importantes, pero que non
solo virán da man da Policía se non de inversións importantes que creo
firmemente que van a chegar a Xinzo, falo en concreto do plan HURBE, que
fará obrigatoriamente que fagamos cambios na mobilidade de peóns e vehículos. Vamos
a regular o tráfico dunha maneira distinta para facer de Xinzo unha vila máis
peonil, que favoreza ao comercio. Anunciou tamén o concelleiro dous
novos aparcamentos gratuítos de superficie en dúas zonas de Xinzo. O
primeiro deles será na zona do Villasana. Todo isto irá conxuntamente. Xinzo
necesita moitos pulos nestes sensos e vaise a facer.
Futuro museo Carlos Casares
Nestes momentos estase a traballar xa no edificio que se
mercou para o Museo de Carlos Casares coa primeira fase imprescindible neste
momento, cal é o baleirado interior e apuntalamento das paredes para despois,
contando coa axuda doutras administracións, facer o interior que albergue no
seu día o museo.
Unha vez rematada a longa charla co “super” concelleiro
tiven que apagar a gravadora para seguir falando de outras cousas que en breves
días sairán a opinión pública, pero para as que hai que esperar a que pase o
Entroido.