Limpeza e adecentado do local social de Rebordacha

Limpeza e adecentado do local social de Rebordacha

 Veciños e veciñas con axudas externas adecúan o local

O proxecto Biocoidados leva un tempo intervindo no núcleo poboacional de Rebordachá a través dun taller de memoria. Este taller, impártese todos os luns no local que foi a antiga escola do pobo e que hoxe ten a súa planta superior dispoñible para puntos de encontro veciñal. Durante estes meses de traballo co taller de memoria percatámonos que este local serve de espazo multiusos e que propicia a interacción comunitaria pero que o seu aspecto non era adecuado para un lugar usado diariamente pola xente do pobo. Ante esta situación nace das propias veciñas a idea de adecuar o espazo para darlle o valor que merece.

O seguinte paso foi pensar qué facer e cómo, e xurdiron moitas ideas como pintar as paredes, restaurar algún moble e incluso pór bote para comprar material. Entre tanto traballo tamén contamos con axuda doutros participantes de Biocoidados como o Carlos que se prestou voluntario a botar unha man coa pintura. Neste sentido, para o voluntario tamén é gratificante a valoración positiva doutras persoas e o agradecemento polo traballo realizado.

Como resultado hoxe o local en Rebordachá ten outro aspecto, un aspecto máis familiar, agradable e que invita a calquera a participar en todas aquelas iniciativas que este grupo de veciñas queiran iniciar, pero o importante de todo esto foi o proceso, a ilusión, a vontade de todas elas e por suposto, as merendas despois de cada traballo.

Grazas ás veciñas de Rebordachá pola súa ilusión e implicaión e grazas ó Carlos polo seu apoio e vontade.


Seguimos traballando para coidarnos en comunidade!