Xinzo sede da 1ª Xuntanza de Policías Locais
Na xuntanza participaron as xefaturas de tamaño medio e pequeno da Policía Local da provincia, un total de oito concellos.
Esta maña tivo lugar a primeira xuntanza de Policías Locais co obxectivo de tratar de mellorar a coordinación e cooperación intermunicipal.
A reuinión asistiron os inspectores xefes dos Policías Locais de oito concellos da nosa provincia: Allariz, Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.
Á súa chegada a Xinzo, os distintos axentes foron recibidos polo alcalde de Xinzo, Amador Díaz, o concelleiro de mobilidade, Moncho Gómez, e o inspector xefe da Policía Local, José Manuel Estévez, quen foi promotor desta iniciativa. Tras este primeiro encontro procederon á reunión de traballo, onde se trataron diferentes apartados do día a día das tarefas da Policía Local, así coma novas metodoloxías ou a creación de convenios intermunicipais de cara ó reforzo de eventos multitudinarios. Tamén se puxeron en común os proxectos que se están levando a cabo por parte das xefaturas de Policía Local dos diferentes Concellos e coñeceron o novo software policial Apolo.
Xa como remate da estancia en Xinzo de Limia, visitaron o Museo Galego do Entroido para poñer en valor o noso rico patrimonio e o noso Entroido, que está a piques de comezar.