Medio millón de € en 4 anos para Vilar de Santos

Medio millón de € en 4 anos para Vilar de Santos

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde, de Antonio Míguez, para repasar os proxectos de cooperación realizados entre ambas administracións

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde de Vilar de Santos, Antonio Míguez, para repasar os proxectos de cooperación realizados entre ambas administracións. Co novo plan de Cooperación da Deputación de Ourense, o Concello de Vilar de Santos recibirá este ano un orzamento de máis de 125.000 euros da institución provincial. “Trátase, como xa anunciamos no seu momento, dun investimento que se irá incrementando en cada exercicio e que permitirá ao Concello de Vilar de Santos dispoñer de máis de medio millón de euros no mandato 2023-2027”, salientou o presidente provincial.

240119 VilardeSantos (1)


Luis Menor lembrou que a Deputación de Ourense destinou na última modificación de créditos unha axuda de preto de 40.000 euros a favor do Concello de Vilar de Santos para o acondicionamento de vías municipais. Na xuntanza tamén analizaron a posibilidade de cooperar en proxectos culturais e de infraestruturas municipais.