O Entroido galego será recoñecido coa máxima figura patrimonial existente na nosa Comunidade

O Entroido galego será recoñecido coa máxima figura patrimonial existente na nosa Comunidade

Será declarado Ben de Interese Cultural (BIC)

Carlos Gómez, concelleiro de Cultura de Xinzo, deu a benvida ao Museo Galego do Entroido ao conselleiro de Cultura da Xunta, aoPresidente do INORDE en representación da Deputación Provinvcial (xetora do Museo Galego do Entroido) e aos representantes dos moitos Entroidos de Galicia que estaban invitados ao acto no que o Conselleiro anunciou que o próximo xoes o DOGA publicará incoación do expediente para outorgar esta distinción, na categoría de patrimonio inmaterial, a unha das tradicións máis singulares e arraigadas de Galicia. 





Con esta incoación, a Consellería de Cultura quere “ir un paso máis aló e realizar unha reivindicación xeral do Entroido en Galicia”, declarou Román Rodríguez. “Coa declaración BIC queremos asentar unha metodoloxía específica de preservación, coidado, estudo e divulgación desta celebración galega, e sinalalo como un elemento central no patrimonio inmaterial de todos os galegos e galegas, e polo tanto esencial para definir e comprender a identidade de Galicia”, engadiu o conselleiro.

IMG 0047


Este será o primeiro paso para conquerir co tempo a declaración Patrimonio Cultural Inmaterial de la Humanidad para o Entroido de Galicia.

IMG 0057

Representantes doutros Entroidos de Galicia que asistiron ao acto

Rematado o acto, ao que pola parte do Entroido de Xinzo estiveron presentes unha representación da Pantalla, todos fixeron un percorrido polas instalacións do Museo.

IMG 0060

IMG 0045

IMG 0038

IMG 0041

Momentos anteriores ao comezo do acto