Desbordáronse todas as previsións de afluencia de público ao Petardazo

Vista da praza Carlos Casares
Desbordáronse todas as previsións de afluencia de público ao Petardazo

 Segundo cálculos da Policía Local máis de 6000 persoas asistiron en algún lugar ao Petardazo

 Dende 45 minutos antes do comezo do Entroido co Petardazo, a praza de Carlos Casares, que este ano tiña aforo xa non cabía ninguén mais, pero a xente, os grupos de disfrazados, mais que ningún ano intentaban achegarse a mesma, tendo que quedarse nas dúas rúas principais que rodean a mesma.


A rúa Curros Enriquez, practicamente quedou colapsada dende a avd de Ourense e máis adiante da propia praza.

Cando faltaban xa menos de 10 minutos achegáronse ao palco da Gramola o alcalde co concelleiro de festexos e membros da comisión do Entroido para estar presentes na conta atrás.


FOGOS DE ARTIFICIO

A diferencia con anos anteriores, non solo se botou o “foguete” do Petardazo, se non que a continuación asistimos a unha sesión de fogos de artificio como nas grandes festas.

XITUNA BATUKE

A encargada de sacar a xente da praza, despois dos Djs era como de costume eran os tambores da Xituma Batuke, que tardaron bastante mais de media hora en percorrer os escasos 2’’ metros que separan a Carlos Casares da praza Maior. Era imposible avanzar coa cantidade de xente que había na rúa.

GARDA CIVIL POLICÍA LOCAL E PROTECCIÓN CIVIL


Da seguridade de todo a noite ocupáronse membros da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Xinzo axudados por membros de Allariz. Segundo comentan moitas persoas foron atendidas nas propias rúas, tendo datos de que as 3 da madrugada xa foran atendidas 13 persoas por intoxicación etílica, tendo que acudir nunha delas a policía local para evitar unha agresión a un facultativo do PAC.

Membros que se ocuparon do control e da seguridade quixeran poñer por riba da mesa do concelleiro de festexos que para o ano que veno camión da AXEGA se desprace esta noite do Petardazo.

Aínda así non houbo incidentes maiores que o mero feito da inxesta excesiva de alcohol.