Quien da más?
Outro día de Entroido onde a praza e as rúas que dan a mesma estaban ateigadas de xente.
O mesmo que paso ente a noite no Petardazo, o día de hoxe, FARELEIRO, superou as expectativas e as previsións da organización do Entroido. A afluencia de xente a praza Maior, epicentro do Fareleiro dende pasado o medio día ata ben entrada a noite estivo chea de mozos, menos mozos e nenos que non deixaron de botarse fariña, en algúns dos casos "a paladas".
O FUTURO ASEGURADO- MÁIS NENOS QUE NINGÚN ANO
Outra das novidades positivas foi a presenza no xogo da fariña de cativos, todos ataviados e que permaneceron na praza dende primeira hora ata entrada a noite.
NIN NEVOU NIN XEOU
Calquera que vexa algunha das fotos da última hora, pasadas as 20:00, parece que na praza de Xinzo caeu unha nevada, ou ven unha boa xeada...pois nada diso, son os centos de quilos de fariña e farelos que serviron para celebrar o fareleiro máis "tempraneiro" dos que se acordan.
Para ver o album das "caras do Fareleiro" prema aquí.
Para ver a galería de fotos do Fareleiro de tarde prema aquí.