A dous partidos do ascenso a 1º Div. Galega
As infantís 2010 do A.B. Xinzo xogarán a dobre partido contra o Ensino Lugo o ascenso
O equipo Infantil Feminino 2010 do A.B. Xinzo ven de proclamarse campión da provincia na súa categoría despois de vencer a domicilio ao equipo do Depordima en Ourense.
O partido tivo moitos altibaixos, con cuartos para ambos
equipos, pero as infantís de Xinzo lograron irse arriba no terceiro cuarto
cunha vantaxe de 18 puntos que lles serviu de colchón para aguantar a zona
feita polo equipo contrario, e máis os nervios, chegando a gañar solo por tres puntos a pouco
de rematar. Un último esforzo das limiás fixo que o marcador se decantara para
as de Xinzo por 62/67.
FIN DE SEMANA DE ASCENSO
Rematada esta fase da liga provincial o fin de semana que
ven (Oleiro) toca xogar o sábado e o domingo contra o Ensino Lugo a dobre
partido e o equipo campión ascenderá directamente a 1ª división Galega
Infantil.