Os veciños de Laroá queren outra vez a Mesa Electoral

Os veciños de Laroá queren outra vez a Mesa Electoral

 Esta mañá presentaron un escrito no Concello e asistiron ao pleno, no que puideron expresar o que eles entenden da situación

 Ao pleno de Xinzo celebrado na mañá do 23 asistiron un grupo de veciños de Laroá para despois de presentar un escrito por rexistro, no que solicitan que volva a mesa electoral ao seu pobo estiveron presentes no pleno.


Amador recibindo a copia do escrito presentado no rexistro

Ao final do mesmo Amador Díaz, o alcalde tomou a palabra para explicarlle que a decisión de cambio de lugar de mesa electoral é unha decisión da Xunta Electoral Central, que en toda España actúa da mesma maneira. Cando se baixa de 200 veciños, cerran ese colexio e adscríbeno a outra mesa. O concello non pode facer nada, sobre todo con tan pouco tempo.

2



O grupo de goberno apoiados polos outros partidos políticos comprometéronse a facer unha mesa de traballo para este tema, no que analizarán pobo por pobo e mesa por mesa para ver si se pode facer unha distribución máis axeitada. Tamén presentarán unha moción, aínda que non ven moita posibilidade de prosperar, para que se cambie a normativa e baixe a 150 persoas votantes como mínimo.

UNHA MESA ITINERANTE




Despois das intervencións dos diferentes portavoces o alcalde deulle permiso ao portavoz para que expuxera o que os veciños pensaban. O representante indicou que eles non están en contra da medida tomada, pero queren que se tomen outras medidas antes de mandar a 188 persoas a votar a outro lugar, neste caso cun local en peores condicións que o actual. Tamén lanzaron a idea de que sairía máis barato, que en vez de poñer autobuses, nos que ninguén se monta, puidera haber unha furna itinerante que fose pasando polos pobos a unha hora determinada, para que as persoas maiores, que son a maioría, non se teñan que desprazar.