Multitudinario colgamento do Meco
20:56 27/01/24
20:56 27/01/24
A Aguillada de honra 2024 entregóuselle ao entroideiro Nito.
Nunha tarde de “primavera” o Meco acompañado de música, e os demais persoeiros, saíu do seu lugar de descanso , o museo do Entroido, e foi trasladado ata a praza maior pasando polas rúas de Xinzo.
Nito, acompañado dos seus, despois de recoller a aguillada de honra.
En todo momento o público acompañou o percorrido ata chegar
a praza na que despois de facerse a entrega por parte da Asociación A Pantalla
a aguillada de honra 2024 a Arsenio Martínez-Nito, pola súa historia de Entroideiro
dende os tempos en que a única música das tardes era a da carroza do Nito.