As limiás chocaron contra o muro das do Ensino Lugo
Eliminatoria en contra pero moita satisfacción por haber chegado a ela
As chicas do infantil, despois de quedar as primeiras clasificadas na liga regular de Ourense, tocáballe a fase de ascenso a 2ª Galega, tendo moi mala sorte no sorteo, pois o equipo ao que se tiñan que enfrontar a ida e volta o mesmo fin de semana foi o Ensino Lugo, no que militan 5 xogadoras da selección Galega e unha proposta para a española.
O primeiro partido disputado na tarde do sábado en Xinzo rematou
cun resultado do que mellor non falamos, pois ademais da diferencia de equipo
os nervios atenazaron as nosas xogadoras diante da afección.
O domingo a tarde o partido disputouse en Lugo, cun
resultado un pouco máis acorde, por mor da menor presión das xogadoras locais e
a desinhibición das limiás.
Agora queda disputar a competición en Ourense para rematar a
campaña como se espera sendo campioas provinciais.
OS SÉNIOR MASCULINOS GAÑARON A DOMICILIO
Segunda vitoria consecutiva nesta campaña dos séniores
dirixidos por Toni Ladra que despois de gañar a semana pasada en Xinzo, este
sábado foron a gañar a casa do líder a Porriño. Esperar que a racha siga e que
o sábado demostren que non hai dous sen tres.
Ás sénior e Júnior feminino perderon os seus partidos , estas
últimas notóuselle “un pouco” que xa estamos no Entroido e que as noites xa
soen ser máis longas, co cal os partidos dos domingos soen ser “perigosos”.