"Sen pozos e sen bombas non podería haber modernización"-Jose González

Conselleiro dirixíndose aos regantes que esperaban na explanada do centro Agrogandeiro
"Sen pozos e sen bombas non podería haber modernización"-Jose González

José González trasladou de novo a desconformidade do Goberno galego co actual enfoque, algo que xa transmitiu tamén no marco da Conferencia Sectorial de Agricultura e esta mesma semana, por carta, ao ministro Luis Planas

Esta tarde o Conselleiro de Medio Rural, acompañado do Presidente da Deputación, así como dos alcaldes dos concellos afectados, Trasmiras, Porqueira e Xinzo mantiveron un encontro con regantes antes de trasladarse para comprobar “in situ” o funcionamento duns dos primeiros pozos en funcionamento.





Agradeceu a inversión feita polo goberno central do 80% de 35 millóns, pero desta maneira os regantes teñen que asumir outros catro millóns de euros de IVE, máis outros dous de gastos de financiación. No mesmo acto solicitou unha reunión con SEIAS, empresa pública que vai a facer a obra, para que polo menos lles aforre aos regantes dous millóns de euros en financiación e aval da obra, porque ela mesma é a que vai a facela, e ese custe repercutirá nos regantes e non servirá absolutamente para nada.

3





 Dos 2.344 millóns de inversión en España este proxecto leva solo o 1,5%

 O conselleiro fixo fincapé en solicitar do goberno un pequeno esforzo para que ese 80% do IVE que supoñen máis de 5 millóns, non sexa a conta dos agricultores, tendo en conta que en España vanse a investir en regadíos 2.344 millón, dos que tan solo o 1,5% corresponde a esta actuación na Limia.

Compromiso da Xunta e a Deputación para o outro 20% do IVE

O conselleiro e o Presidente da Deputación comprometéronse a que ese 20% restante do IVE pagarano na proporción que corresponda tanto a Xunta como a Deputación.

Polo  tanto pedímoslle ao Goberno  Central ese pequeno esforzo de 5,4 millóns de euros a máis, que no montante nacional, non é tanto, tendo en conta que este regadío é a única actuación en Galicia.

Regantes da Limia   1

REUNIÓN CON SEIASA


Rematou a súa intervención o conselleiro solicitando publicamente unha reunión con SEIASA para falar do custe a maiores da financiación que lles supón aos agricultores dous millóns de euros e que non van a ningún sitio do proxecto, se non, que van directamente aos bancos. Nos o que pedimos e que non haxa ese aval, para o que solicitamos esa reunión técnica para tratar este tema. Eses dous millóns de euros non van a mellorar para nada o regadío. Calquera partido da comarca debería apoiar esta petición, que solo vai en beneficio dos regantes.