Compromiso total de Luis Menor coa comunidade de regantes da Limia
Luis Menor reivindicou “o compromiso total coa comunidade de regantes pola importancia do seu traballo, e estamos dispostos a asumir entre a Deputación e a Xunta o investimento do 20 % do IVE da obra que lle correspondería aos regantes” e que o Goberno Central financie o 80 % restante
A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia reclaman ao Goberno Central un esforzo adicional no financiamento da modernización do regadío da Limia para evitar sobrecustes aos regantes. Así o reiteraron hoxe o presidente provincial, Luis Menor e o conselleiro do Medio Rural, José González, nun encontro que mantiveron cos representantes dos regantes na capital da bisbarra, Xinzo de Limia, no que tamén participaron os alcaldes dos concellos beneficiarios deste proxecto: Xinzo de Limia, Amador Díaz; Porqueira, Susana Vázquez, e Trasmiras, Emilio Pazos.
Declaracións de Luis Menor-Presidente da Deputación de Ourense
O presidente provincial salientou que a comarca da Limia é “un dos territorios de maior produción agraria de Galicia” que precisa “unha ampliación e mellora do seu sistema de regadío”. Un plan no que están involucradas diferentes administracións (Goberno Central, Autonómico e a Deputación de Ourense) e que nestes momentos se atopa no proceso de captación da auga para a execución da canalización da mesma.