Nova concentración de protesta

Nova concentración de protesta

Como todos os venres a plataforma "Loita pediatría na Limia" volveuse a celebrar na praza Maior

Como todos os venres ás 20:00 a plataforma de loita pola pediatría da Limia volveu a autoconvocarse na praza Maior, pero esta vez coa presenza do único pediatra, Luis Antelo, que neste momento pasa consulta no centro de Xinzo, pero que xa anunciou a súa próxima xubilación.





Antelo recibiu o aprecio de todos os presentes, agradecéndolle dende a plataforma a súa presenza na concentración.

Para rematar a concentración os presentes tiñan preparada unha canción con música tradicional con letra dunha dos membros da plataforma.

Mañá nos partidos de basket e futbol as fotos dos equipos estarán presididas por unha pancarta identificativa da "loita".