Outro domingo de “pleno” en Xinzo

Familia Lama de tertulia no Espazo cultural
Outro domingo de “pleno” en Xinzo

 O “Corredoiro” superou todas as expectativas, outra vez máis

Todo o mundo esperaba este domingo de corredoiro, como “agua de maio”, a que por desgracia parece que nos vai a vir o fin de semana de Entroido, polo que todos querían estar presentes neste domingo en Xinzo. Dende Marín, A Coruña, Verín, Carballiño, Maside  e ata de Laza acudiron a Xinzo. E xa para rematar o día a última hora apareceu a caravana electoral de Jácome, co que todo o mundo se quería facer selfis.



INXENIO E IMAXINACIÓN POR TONELADAS

Pero o que si non defraudou outro ano máis foi o inxenio e a imaxinación, algunha de moi última hora nas parodias que encheron de risas e máis risas o Corredoiro.


Dende os “tronos” da familia Lama dende a mañá ata a entrada da noite, pasando pola “cucaña” e colgamentos  sucesivos do novo Meco  ata a familia de granxeiros cos tractores baleirados  polos franceses e “la niña del exorcista que deu todas al voltas que quixo en todos os sentidos. Tampouco faltaron a cita “As Rémoras” cunha nova parodia, así como unha representación moi moi digna do cartaz da semana Santa de Sevilla, con tres exemplares en carne viva e por suposto non podía faltar a parodia do “Regadío da Limia” que tan en boca de todos está.


Este é o Entroido de Xinzo que o fai tan famoso e o fixo internacional, sen esquecer por suposto as Pantallas que fixeron as delicias dos centos de persoas que se achegaron a Xinzo nun día realmente primaveral.

Ao longo da semana iremos subindo galerías de fotos de todos, estean atentos.

 DSC6434

 DSC6547

 DSC6446

 DSC6715

 DSC6552

 DSC6893

 DSC6978

 DSC7262

 DSC7294

 DSC7331

 DSC6960

 DSC6945