1.500 escolares de Xinzo e comarca participarán do desfile este venres

1.500 escolares de Xinzo e comarca participarán do desfile este venres

Ata o xóves a mañá haberá que esperar po los informes meteorolóxicos  por mor dunha posible cancelación.

Un dos mellores xeitos de comprender o sentimento polo Entroido de Xinzo é a través da ledicia e da ilusión das nenas e nenos de toda a comarca. Un ano máis, o venres día 09 de febreiro ás 11:30 horas terá lugar o Gran Desfile Infantil do Entroido de Xinzo, no que participan preto de 20 centros de ensino e 1.500 escolares de toda a comarca da Limia.

Durante o desfile, cuxo cartel foi deseñado por usuarias do PAI de Vilar de Santos, haberá acompañamento musical con varias charangas que forman parte da programación do Entroido.  Nesta xornada na que as cativas e cativos son protagonistas, pola tarde, dende as 18:00 horas, terán lugar as animacións infantís “O estrano caso do dentista da rúa Brasov” e “Steam Punk”. Segundo Ricardo Sieiro, concelleiro de Festas, preténdese “impulsar un Entroido que poña no foco aos cativos, que son futuro e garantes da supervivencia das nosas tradicións máis ancestrais”.