Foto denuncia: UNIÓN FENOSA non atende

Foto denuncia: UNIÓN FENOSA non atende

Enganche ao poste do suministro electrico


20240206 121629

Os veciños dun  edificio da rúa Parque de Xinzo, xa non saben que facer. Tampouco o Concello logra contactar con UNIÓN FENOSA-NATURGY.

Os "feirantes" conectaron, como de costume, por non dar cos técnicos de FENOSA os seus "aparellos" no enlace dun poste que está a caron dun edificio, do que tamén se suministra o propio edificio.

Os veciños denuncian ante o concello que a conexión, non ten garantías de que non se complique e poida ata arder.

Os responsables do concello, organizadores do Entroido, levan dous días de oficina en oficina e con mil chamadas e "parlamentar" varias horas con máquinas sen que ninguén se poña e se solucione.

É de esperar que non pase nada e que NON teñamos que dar noticias peores.