Aprobados os presupostos do 2024 sen votos en contra
Amador consigue por primeira vez a aprobación duns presupostos de Xinzo sen votos en contra.
Esta mañá reuniuse a corporación municipal de Xinzo para celebración do pleno ordniario do mes de febreiro, pero que realmente era extraordinario porque nun dos seus puntos ía a aprobación dos primeiros presupostos presentados polo bipartito de AXIL e PP e que foron aprobados sen votos en contra. Tanto o BNG como o PSOE abstivéronse. Esta cuestión, aínda que pareza que é normal, é realmente extraordinaria. Na historia recente dos últimos 30/40 anos ningunha das propostas de presupostos foron aprobados coa abstención dos grupos de oposición, se non que o seu voto, sendo quen fora os que estiveran na oposición, sempre en contra.
Camilo Vila, portavoz do BNG, simplemente manifestou que,
para o seu grupo, botaba en falla que os presupostos foran un pouco máis
políticos, pero non estaba en contra dos prantexamentos dos mesmos.
Elvira Lama debullou na súa intervención partida por
partida, sen encontrar nada estraño, e despois de ter pasado polo trance de ter
que facer ela os presupostos durante os catro anos anteriores, e tendo en conta
que estes eran unha copia case calcada dos que ela presentaba, o seu grupo
anunciou a abstención.
Amador Díaz, matizou algunhas manifestacións feitas pola
concelleira e agradeceu a abstención dos dous grupos, co que os orzamentos
continúan o seu proceso para que despois dunha exposición pública de 30 días,
se non hai alegacións, queden aprobados definitivamente.