APLAZADO O DESFILE INFANTIL
En principio realizaráse o venres 16
Fai uns minutos que se reuniron no concello os representantes dos centros escolares cos membros de prtección civil e policía Local co alcalde e concelleiro de Festexos para tomar a decisión, de que facer co desfile infantil programado para mañá venres, despois de analizar os informes metereolóxicos enviados a Protección Civil pola AEMET.
Reunión mantida fai uns minutos no concello.
Ante as previsións metereolóxicas previstas decidiuse por unanimidade o aplazalo para o venres 16 a mesma hora e co mesmo programa.
O alumnado, segundo comunicaron os directores dos CEIP mañá acudiran ao centro, loxicamente disfrazados, pero non cos traxes do desfile que quedará para o venres que ven. Nos centros farase a festa correspondente, pero non haberá desfiles dentro de cada centro.
A semana que ven volverán a reunirse o xoves a mañá para ver as previsións para o seguinte día e tomar a decisión correspondente de celebración do desfile polas rúas ou ben suspendelo, e cada un nos seus centros facer a festa que queiran.
Todos manifestaron a mágoa deste contratempo unha vez feito o esforzo polas familias, alumnado e profesorado para ter preparado todo para o desfile.