O “GRAN HERMANO” vixía o sábado de Entroido

PMA- Posto de Mando Avanzado do ENTROIDO 2024
O “GRAN HERMANO” vixía o sábado de Entroido

 Ás 10:30 quedo conformado o PMA (Posto de Mando Avanzado) que vixía e controla todo o que acontece no sábado de Entroido.

 Baixo a presidencia do concelleiro de Festexos en delegación do alcalde, e asistido polo Técnico de XEGA, estiveron presentes os representantes da Policía Local e Garda Civil, así como o coordinador de Protección Civil de Xinzo e membros de emerxencias composto por dous técnicos  de ambulancias e Médica e Enfermeira.





Unha vez explicado o procedemento a seguir dende o PMA asinouse a acta e enviouse ao 112 Galicia, que dende ese momento conformase tamén como centro de control de Emerxencias, que coordinará e tomará as decisións en cada momento, no caso de que fora necesario.


Dendealimia, un ano máis estivo presente e tivo a oportunidade de entrevistar ao técnico do camión da AXEGA, así como ao xefe da Policía Local, minutos despois de dar comezo o dispositivo.

Este ano, tamén se montou un pequeno hospital de campaña na Casa da Cultura atendido por membros de Cruz Vermella.