Contra vento e marea

Contra vento e marea

 O Entroido 2024 en Xinzo segue de récord domingo tras domingo

 O Petardazo, Fareleiro, Meco, Oleiro, Corredoiro e agora o sábado e domingo de Entroido seguiron na mesma liña.

Esta mañá de domingo, que todo ameazaba chuvia, dende antes do mediodía era imposible camiñar pola praza Maior e polos viños. E como unha foto vale máis que 1.000 verbas, aí van 3.

Segundo preguntábamos as persoas das que solicitábamos fotos para a nosa galería, dende Barcelona ata Valencia e dende o Pais Vasco ata case Andalucía, estivo xente disfrazada en Xinzo. E por suposto dende o estranxeiro.

Collage

Tamén como todos os anos a Cruz Vermella tivo instalado un posto de socorro na propia praza Maior, que afortunadamente a hora de pechar esta crónica non tiveron que actuar en ningún momento.


Persoal que estaba atendendo o posto da Cruz Vermella.