Ana Pontón recibida en Xinzo, no “PONTON FEST” con vítores de Presidenta

Ana Pontón recibida en Xinzo, no “PONTON FEST” con vítores de Presidenta

 Unha das comparsas do Entroido organizou para hoxe a tarde o festival PONTON FEST, ao que acudiu Ana Pontón e Noa Presas.

Onte tocoulle campaña a Jácome e hoxe agardaban que Ana Pontón se achegara ata Xinzo ao festival que levaba o seu nome.

A lider do BNG estivo en todo momento arroupada polos seus, cos que se fixo moitas fotos, aínda que lle tiveron que prestar, o sombreiro e as gafas, para meterse mellor no ambiente.

Rematou collendo o micrófono do “festival” para indicarlle a “parroquia”, que todo aquelo estaba moi ben, pero que o importante é votar o domingo.