Broche de ouro aos 4 días grandes do Entroido 24

As rúas estiveron ateigadas de xente vendo o desfile
Broche de ouro aos 4 días grandes do Entroido 24

 Fai catro días, ninguén esperaba o día e a temperatura do martes, cuestión que encheu Xinzo, como nunca, de veciños e visitantes.

 Todos os prognósticos de fai tres días facían tremer polo desfile do martes, como aconteceu co do venres, pero todos eses malos presaxios deron un luns e martes de entroido como poucas veces se recordan.



3


O DESFILE, COMO SE ESPERABA

Xa sabemos todos que o desfile de Xinzo, non é para lucirse, como así acontece noutros lugares da nosa xeografía. O desfile de Xinzo segue sendo para desfrutar, tanto os que van  nel, como os espectadores. E iso mesmo aconteceu esta tarde en Xinzo. Os participantes luciron as súas mellores galas e o seu mellor humor e os espectadores, vidos de todas as partes da provincia, desfrutaron ata o final do mesmo, como case sempre.

Snapshot 2


Parabéns a organización polo número, vistosidade e colorido posto polas pantallas e polo cumprimento do horario.

Un ano máis o Entroido de Xinzo, a falla dun par de dias, despídese cunhos milleiros de persoas nas rúas divertíndose, e a hostalaría facendo caixa.

Snapshot 1