Mañá venres ás 11:30-Desfile Infantil

Foto arquivo desfile (dendealimia)
Mañá venres ás 11:30-Desfile Infantil

Sairán da Avd/ Madrid ata Marcelo Macias, para rematar no CEIP Carlos Casares

Máis de 1.500 nenos e nenas de toda a Limia, daranse cita no desfile infantil que ano tras ano está collendo máis repercusión na comarca, non solo pola súa vistosiodade se non tamén polos traxes que se poden ver no mesmo.

Recordar que os traxes son elaborados polo profesorado, o alumnado e os pais e nais, que levan semanas confeccionando os mesmos para o lucimento de mañá venres.

Os centros participantes son -A Galiña azul; Pequenos Xenios, a Casa niño de Os Blancos, a de Lodoselo os P.A.I de Rairiz de Veiga, Vilar de Santos e de Sandias. Tamén participan os C.E.I.P. de Sandiás, Carlos Cid Arregui, Sarreaus, Xoaquín Lorenzo Xocas (Bande), Carlos Casares e Rosalía de Castro da vila de Xinzo.

A organización e conxunta entre os centros e o Concello, que aportará ademais dúas charangas para o percorrido e a festa final, que este ano será no Carlos Casares.

Recordar que o desfile aplazouse o venres pasado por mor da situación climatolóxica.