Xa se saben os premios do desfile de Xinzo

Carroza gañadora no desfile de Entroido 2024
Xa se saben os premios do desfile de Xinzo

 O xurado valorou moito a creatividade e o inxénio da maioría dos participantes.

 Tamén informan que o xurado tivo en conta moitos parámetros para a súa valoración, entre os que primaba moito que os traxes foran orixinais e feitos a man.


A entrega dos diplomas realizarase o domingo de piñata ás 18:45 no palco da orquestra.

A partir do luns os gañadores poden pasar polas oficinas do concello para presentar a documentación necesaria para que se lles faga o ingreso dos cartos o máis pronto posible.


Recordamos que había 3 categorías:

Carrozas:

1º Posto para  Os de Sempre que levarán 900 € e o segundo foi para Circo Danzón con 500 €.

Comparsas de máis de 8 compoñentes:

1º premio: VAGALUMES con 800 € e 2º GUERREIRAS DO MAR con 400 €.

Individuais ou menos de 8 compoñentes:

1º premio: HERMANOS SABALA con 300 € e 2º  A TÓMICO con 100 €.