Ruth Beitia visitou Xinzo
Foi recibida polo alcalde e concelleira de deportes no concello e despois por toda a familia de Limiactiva no pavillón de deportes.
Ruth Beitia, está considerada como a mellor deportista española, participando en 4 citas olímpicas e conseguindo unha medalla de bronce en Londres e a de ouro en Brasil 2016 quedando campioa en salto de altura.
VISITA A LIMIACTIVA
Como embaixadora da Federación Española de atletismo e
coincidindo coa celebración dos campionatos absolutos este fin de semana en
Expourense, achegouse a Xinzo invitada pola asociación Limiactiva, unha das que
máis rapaces e rapazas ten na provincia facendo atletismo para que os nenos e
nenas tiveran a oportunidade de ver en persoa a atleta feminina española máis
laureada a nivel mundial.
Primeiro pasouse polo concello para asinar no libro de honra
e recibir das mans do alcalde Amador Díaz un pin da Pantalla e unha vez asinado
no libro toda a comitiva trasladouse ata o pavillón de deportes onde era
recibido polo medio cento de atletas pequenos de Limiactiva aos que se dirixiu
para explicarlle a súa experiencia e sobre todo o que había que facer para ser
un bo deportista (atleta).
A sorpresa foi que antes de que o alcalde lle fixera o
agasallo, ela tamén traía un agasallo, a medalla de ouro que obtivo en Brasil a
cal foi pasando de man en man dos presentes, momento emocionante, porque non
todos os días se ten nas mans unha medalla de ouro conseguida por un ou un deportista
español. Todos comentaron o do peso da medalla que é bastante.