“A xente non sabe votar”- “Mantra” repetido que non ten validez ningunha.

Comparativa autonómicas-Municipais
“A xente non sabe votar”- “Mantra” repetido que non ten validez ningunha.

 Análises polo miúdo dos resultados de Xinzo

 O primeiro a destacar sería o aumento de participación cidadá partindo das eleccións autonómicas do 20. Seiscentas vinte sete persoas máis votaron nesta ocasión, pero  trescentas oitenta e unha (381) menos que nas municipais. Aquí poderíamos interpretar que moitos dos votantes de AXIL quedáronse nas súas casas. Pura especulación!.

A segunda evidencia é que o PP aumentou case que 200 votos dende as do 20 pero a cambio perdeu case medio cento (471) dende as do 2016.

Pola súa banda o PSO, tampouco se descalabrou tanto en Xinzo comparado coas do 2016 e 20, tan solo 176 votos coas de fai 4 anos. Outra cousa xa é si o comparamos coas municipais, que será despois.

O BNG subiu menos de 500 votos con respecto as do 20, pero en cambio acadou 1.192 votos máis si o comparamos coas do 16.

120


COMPARATIVA COAS MUNICIPAIS PASADAS

Outra cousa diferente é a comparativa cos municipais de fai menos de un ano. Aquí as cousas xa cambian.

O primeiro é que tanto o PP coma o PSOE teñen unha diferencia de máis de mil votos, a favor ou en contra. O  PP aumentou 1.251 votos nesta ocasión e o PSOE deixouse na casaca máis de 1.067. O BNG polo contrario seguiu a estela que traía de subida de votos logrando acadar máis de 500 en tan solo un ano. Que conclusión poderíamos sacar analizando estes datos, que dende logo non teñen nada en común?. Poderíamos dicir que en todos eles, por un lado inflúen os líderes locais e no outro os autonómicos, pero non todos no mesmo sentido.


Pero a conclusión final podería ser, que aquelo que repiten como auténticos “mantras” algúns partidos políticos a hora de analizar e pedir o voto a xente, de que “a xente non sabe votar”, vai si sabe facelo. En cada elección sabe moi ben como facelo, e si non, miren vostedes os datos e compárennos.