Comezo da 2º fase do equipo sénior do A.B. Xinzo
O 1º partido contra o Arteixo celebrouse o sábado pola tarde con vitoria dos locais.
Setenta e seis (76) sesenta e cinco (65) foi o resultado final do partido gracias a un espléndido cuarto período no que os de Xinzo superaron amplamente ao equipo visitante. Este precisamente foi o talón de aqueles durante a outra fase na que se perderon bastantes partidos no cuarto final, por nervios unhas veces e por pouca concentración noutras.
O obxectivo do equipo nesta segunda fase é a permanencia na
categoría, cuestión que estaría matematicamente conseguida gañando todos os
partidos da casa.
Destaca o presidente que de 5 partidos disputados durante o
calendario de Entroido solo se perdeu un, polo que felicita aos xogadores pola
implicación total co equipo, precisamente nesta época.
As Sénior feminino tiveron que desprazarse ata Cambados onde
colleitaron unha derrota importante, destacando iso si, unha canasta no último
segundo dende a metade do campo por unha das xogadoras júnior que acompañaron
as sénior.
Por unha sola canasta e co resultado de 58-56 contra
Maristas as chicas do infantil 2011 viñeron un pouco “fastididas” moralmente.
Diferente resultado logrado polos preinfantiles de liga galega que gañaron con
facilidade o seu partido contra Compañía de María.