O CEIP de Sarreaus xa conta cun aula de madrugadores

O CEIP de Sarreaus xa conta cun aula de madrugadores

Está xestionada polo CDR O Viso

O feito de que un C.E.I.P de 27 rapazas e rapaces, entre os 3 e os 12 anos, dispoña dun servizo tan importante como é a aula de madrugadores, denota que a mirada está cambiando. Un servizo máis que estamos a levar dende o CDR O Viso.

Aula madrugadores

É viable e posible, ademais de necesario, xerar oportunidades reais de escolarización nas contornas máis rurais. Así, o servizo de conciliación, posto en marcha en Sarreaus ó inicio do curso 2023-2024, é unhas das accións que axuda e facilita a escolarización contribuíndo á igualdade de oportunidades entre a escola urbana e a escola rural, para que así, a elección de matricular o teu cativo ou cativa sexa opcional e non unha obriga por falla de recursos.

Na actualidade, dun total de 22 familias, son 4 as que están empregando ordinariamente este servizo, número que agardamos que continúe en aumento, como consecuencia da nova escolarización de cativas e cativos para o próximo curso escolar. Pero é ademais un recurso que teñen aí as outras familias, unha garantía se é necesario un plan B para algún día, que extraordinariamente, por algún contratempo, nos falla o que facemos todos os días.

Esta actividade é posible grazas a ANPA ( Asociación de Nais e Pais do Alumnado), ó Concello de Sarreaus e á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e pola Deputación provincial de Ourense a través da subvención para proxectos de prestación de servizos sociais.