Exposición fotográfica sobre AS PRESAS

Fotografía dunha das presas da exposición
Exposición fotográfica sobre AS PRESAS

 Antón Rodicio fai un percorrido polos diferentes tipos de presas

 No Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense  inaugurouse a exposición fotográfica “Presas: la fuerza domesticadora de lo grande”, de Antón Rodicio, á que asistiu o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández. Desde cativo, o autor sentiuse fascinado polas presas. Pola súa magnitude, o seu simbolismo, o seu potencial destructor, unha beleza recollida nunha colección de 24 fotografías que dende hoxe forman parte da exposición “Presas: la fuerza domesticadora de lo grande” e que pode verse no Centro Cultural Marcos Valcárcel.


Momento da inauguración

Rodicio fotografía e explica as claves das presas de gravidade, das presas de arco de gravidade ou das presas de dobre curvatura e conta algunha historia pouco coñecida sobre os perigos que nalgún momento algún accidente pudo ocasionar na nosa contorna. 

Tamén rende homenaxe aos enxeñeiros que deseñaron estes proxectos singulares e moitos deles pioneiros. Naturalmente, non podía esquecerse dos homes e mulleres que viron como os seus fogares e recordos quedaron asulagados polas augas. 

A exposición poderá visitarse no Centro Cultural da Deputación dende hoxe ate o día 31 de marzo. O propio autor realizará visitas guiadas á exposición todos os xoves, ás 19:00 horas